Advertido erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 112, do mércores, 13 de xuño de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 23006, no artigo 7, onde di: «O persoal laboral fixo das entidades instrumentais incluídas no presente capítulo rexerase polas seguintes disposicións:», debe dicir: «O persoal das entidades instrumentais incluídas no presente capítulo rexerase polas seguintes disposicións:».
Na páxina 23006, no artigo 7, letra b), onde di: «..., de acordo co artigo 55.3 da LOFAXGA e coa súa disposición transitoria sexta...», debe dicir: «..., de acordo co artigo 55.2 da LOFAXGA e coa súa disposición transitoria sexta...».