Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23994

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 29 de maio de 2012 pola que se lle notifica ao interesado que se indica a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia, en que se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se lle notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado en Área Central s/n, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido este prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: PO-85/220, conta 25.

Nome: Elías Antonio Puga Radio.

Últimos domicilios coñecidos: rúa Grecia núm. 30-5º D, Pontevedra e Paseo Francisco Brines núm. 13-2º C, Oliva-Valencia.

Indicación do contido do acto que se notifica: notificación da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que de conformidade co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, non poderá interporse ningún recurso.