1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Obras.
c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.
d) Enderezo perfil contratante:http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17571
e) Número de expediente: 17/2012.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servizos de mantemento e soporte do Sistema de información de dependencia da Consellería de Traballo e Benestar. (CPV: 72243000-0).
b) División por lotes e número: sen lotes.
c) Lugar de execución: con carácter xeral nas dependencias da empresa contratista.
d) Prazo de execución: un ano.
e) Admisión de prórroga: un ano como máximo.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación:
Valor estimado: 402.711,86 €, IVE: 72.488,14 €, importe total: 475.200,00 €.
5. Garantías.
Provisional: non se exixe.
Definitiva: si, 5% do importe de adxudicación, (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo V, subgrupo 2 e 5, categoría C.
b) Solvencia: ver o prego de cláusulas administrativas particulares para o suposto de licitadores estranxeiros (cláusula 5.3.2).
7. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17571
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Teléfono:
– Información de índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa do Servizo de Contratación e Obras da Secretaría Xeral Técnica).
– Información de índole técnica: 981 54 69 81 (Martín Amado Castro da Subdirección Xeral de Tecnoloxías da Información da Secretaría Xeral Técnica).
e) Telefax: información de índole administrativa: 981 54 56 85. Información índole técnica: 881 99 70 85.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación de ofertas, que é o 23 de xuño de 2012.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 23 de xuño de 2012.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, e deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre 1, indicando o número de rexistro asignado.
c) Lugar de presentación:
1. Oficina de Rexistro Único e Información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres das 9.00 ás 19.00 h e os sábados das 9.00 ás 14.00 h.
Calquera variación relativa ao horario publicarase no perfil do contratante.
2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado e xustificarase a data e a hora de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.
Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a apertura en acto público.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.
c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Data: apertura da documentación do sobre 2: 2.7.2012 ás 12.00 h. Apertura da documentación do sobre 3: 11.7.2012 ás 12.00 h.
e) No perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17571) publicarase o lugar e hora do acto público de apertura dos sobres 2 e 3, así como calquera posible variación das datas antes indicadas.
10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 31.5.2012.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2012
P.D. (Artigo 1 da Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar