Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23912

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 6015/2008 CG).

No recurso de suplicación RSU 6015/2008 CG a que se refire o encabezamento, seguido ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanante dos autos número 303/2008 do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos por Bienvenido Vázquez Nieves contra Blokdegal, S.A., Granitos Fernández y Rodríguez, S.L., Luis Fernández Fernández, Granitos Fernández Fernández, S.L. e Extracciones Noroestes, S.L., sobre outros dereitos de Seguridade Social, con data 28.5.2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos non se admiten os documentos presentados pola recorrente en escrito do 22 de febreiro de 2011, procedendo a súa devolución á dita parte, logo de desagregación destes.

Que procedemos a declarar a nulidade da sentenza ditada en data 9 de outubro de dous mil oito polo Xulgado do Social número catro de Vigo, en autos 303/2008 seguidos por instancia de Bienvenido Vázquez Nieves contra as empresas Granitos Fernández y Rodríguez, S.L., Extracciones Noroeste, S.L., Luis Fernández Fernández, Granitos Fernández, S.L., Blockdegal, S.A., e acordamos a retroacción das actuacións ao momento inmediatamente anterior ao ditado da sentenza de instancia para que o maxistrado que coñeceu do xuízo dite nova sentenza nos termos indicados na presente resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

Advírteselles ás partes en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Granitos Fernández y Rodríguez, S.L. e Extracciones Noroestes, S.L., con último domicilio coñecido en Barrio Rocha 76, Atios-O Porriño e Barrio Cruz-San Salvador de Budiño-O Porriño, ambos os dous na provincia de Pontevedra, respectivamente, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña, vinte e oito de maio de dous mil doce.

A secretaria xudicial