Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23921

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (839/2010).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 2 de marzo de 2012.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 839/2010 se seguen por instancia de Amadeo Docampo Sánchez, representado pola procuradora Natalia Escrig Rey e dirixidos polo letrado Jesús Sanxuás Formoso, contra Francisco J. Graña Menduiña e Raquel Rodríguez Sendim, declarados en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha presentación de resolución contractual e de reclamación de cantidade.

Decisión.

Rexeito totalmente a demanda interposta por Amadeo Docampo Sánchez contra Francisco J. Graña Menduiña e Raquel Rodríguez Sendim, sen que proceda a facer os pronunciamentos nela solicitados, e absolvo os demandados. Todo iso coa condena do demandante ao pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás cales se lles fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco J. Graña Menduiña e Raquel Rodríguez Sendim, expídese a presente para que sirva de notificación en legal forma.

Vigo, 12 de marzo de 2012

O/a secretario/a xudicial