Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23924

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (264/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 264/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paul Richard Cotrina Yanac contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Decido que estimando a demanda interposta por Paul Richard Cotrina Yanac contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 23.1.2012 e condénoa a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade –salvo erro ou omisión– de mil cento corenta e sete euros e sesenta e cinco céntimos (1.147,65 €), con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de corenta e tres euros e setenta e dous céntimos (43,72 €) diarios; e deberase poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito se opta ou non pola readmisión.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista e deberase acreditar tamén a consignación na indicada conta da suma de trescentos euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Aislamientos Pemos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de maio de 2012

A secretaria xudicial