Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 24007

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

PUBLICACIÓN de proposta de convenio urbanístico de planeamento para a obtención de parcela en anteproxecto de ordenación de zona verde na zona 1 do SU-41 (expediente 1010/12).

De conformidade co disposto no artigo 237 da Lei de Galicia 9/2002, sométese a información pública durante o prazo de vinte días a proposta de convenio urbanístico de planeamento para a obtención de parcela con ref. catastral 3401051NG9849S0001GE, para o desenvolvemento do anteproxecto de ordenación da zona verde do interior de quinteiro en Santa Teresita na zona 1 do SU-41.

A dita proposta de convenio urbanístico poderase consultar neste negociado de Planeamento Urbanístico, sito na rúa García Mosquera, núm. 19, das 9.00 ás 13.30 horas.

Ourense, 12 de xuño de 2012

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde presidente