Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2012 Páx. 23992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 5 de xuño de 2012 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente IN414B-2011-0511.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado indicado no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo nº 5, CP 15703, Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN414B-2011-0511.

Interesado: Worten Marineda City.

Acto que se notifica: resolución de arquivamento.