Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a resolución do recurso de alzada que se relaciona no anexo, interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador PO-EP 491/11 aberto por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.
Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, cabe formular recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2012
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
Nº expediente |
Recorrente |
Enderezo |
Establecemento |
Data e sentido da resolución do recurso de alzada |
PO-EP 491/11 |
Andrea Laura García Hernández |
R/ Montero Ríos, nº 48 baixo (Bueu) |
Camerino |
15.5.2012 Desestimatoria |