Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 6 de xuño de 2012, da Zona de Recadación de Vigo, polo que se dá a coñecer a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 11 de xullo de 2012, ás 11.00 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo (sita na rúa Areal nº 62, local 3, Vigo) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Debedor: Graña Fernández, Feliciano NIF: L5410667D

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

1

Dereitos hereditarios que correspondan a Feliciano Graña Fernández con DNI L5410667D, en relación cos bens que seguidamente se indicarán, adquiridos por falecemento de Celia Graña Fernández, segundo sentenza do 10 de xullo de 2009 (autos de procedemento ordinario número 492/2008-T) ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo cal se declara que os únicos e universais herdeiros ab intestato de Celia Graña son o seu irmán Feliciano Graña Fernández e súa sobriña Cristina Cameselle González.

Urbana. Casa (construída no ano 1982) composta de planta e piso alto, sinalada co número doce, no barrio de San Sebastián, parroquia de Mañufe, concello de Gondomar, da superficie construída de douscentos corenta e seis metros cadrados (246 m2), ocupando un predio de cento vinte e tres metros cadrados (123 m2), distribuída en: planta baixa, destinada a almacén, da superficie construída de cento vinte e tres metros cadrados (123 m2), planta alta, destinada a vivenda, da superficie de cento vinte e tres metros cadrados (123 m2). Sitúase sobre un predio da superficie de dous mil cincocentos trinta e nove metros cadrados (2.539 m2), Lindeiros: norte, Celia Graña Fernández; sur, Feliciano Freiría Quintas e camiño público; leste, camiño público; e oeste, Celia Graña Fernández e Feliciano Freiría Quintas. Referencia catastral: 8312406NG1681S0001SU.

53.319,00 €

Non constan

53.319,00 €

1.000,00 €

2

Dereitos hereditarios que correspondan a Feliciano Graña Fernández con DNI L5410667D, en relación cos bens que a continuación se indicarán, adquiridos por falecemento de Celia Graña Fernández, segundo sentenza de data dez de xullo de dous mil nove (autos de procedemento ordinario número 492/2008-T) ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo cal se declara que os únicos e universais herdeiros ab intestato de Celia Graña son o seu irmán Feliciano Graña Fernández e a súa sobriña Cristina Cameselle González.

Rústica. Indivisible: terreo destinado a matogueira, viña, froiteiras, labradío e pasto, co nomeamento de lugar de San Sebastián, lugar deste nome, parroquia de Mañufe, termo municipal de Gondomar, da cabida de corenta e nove áreas e vinte e cinco centiáreas. Lindeiros: norte, Isidro Piñeiro Pérez, Celia Graña Fernández e Julio Romero Gonda; sur, Francisco Franco Iglesias, Celestino Iglesias, Fernando Suárez Fernández e Feliciano Freiría Quintas; leste, co predio anteriormente descrito, e oeste, Carmen Dasilva Moreira, Julio Romero Gonda, Francisco Franco Iglesias e camiño público. Referencia catastral: 54021A058002480000KA.

62.055,00 €

Non constan

62.055,00 €

1.000,00 €

3

Dereitos hereditarios que correspondan a Feliciano Graña Fernández con DNI L5410667D, en relación cos bens que a continuación se indicarán, adquiridos por falecemento de Celia Graña Fernández, segundo sentenza do 10 de xullo de 2009 (autos de procedemento ordinario número 492/2008-T) ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo cal se declara que os únicos e universais herdeiros ab intestato de Celia Graña son o seu irmán Feliciano Graña Fernández e a súa sobriña Cristina Cameselle González.

Urbana e rústica. Solo sen edificar e terreo a labradío e viña secaño e piñeiral madeirable (no título, terreo a labradío, viña e monte) denominado Ladron, sito na parroquia de Mañufe, termo municipal de Gondomar-lugar de San Sebastián, da superficie de corenta e cinco áreas e corenta e tres centiáreas, segundo o título, ben que, segundo medición practicada recentemente e segundo o catastro, resulta ter tres mil cincocentos cincuenta e tres metros cadrados, dos cales dous mil oitocentos noventa e oito metros cadrados corresponden á parte urbana, e seiscentos cincuenta e cinco metros cadrados á parte rústica. Lindeiros segundo o título: norte e sur, herdeiros de Modesto Fernández; leste, camiño público; e oeste, de Manuel Gómez. Na actualidade limita: norte, herdeiros de Modesto Fernández e camiño; sur, máis da herdanza; leste, camiño público; e oeste, Isidro Piñeiro Pérez e máis da herdanza.

Referencia catastral (parte urbana): 8312402NG1681S0001XU.

Referencia catastral (parte rústica): 54021A058002660000KR.

68.929,70 €

Non constan

68.929,70 €

1.000,00 €

4

Dereitos hereditarios que correspondan a Feliciano Graña Fernández con DNI L5410667D, en relación cos bens que a continuación se indicarán, adquiridos por falecemento de Celia Graña Fernández, segundo sentenza de data dez de xullo de dous mil nove (autos de procedemento ordinario número 492/2008-T) ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo cal se declara que os únicos e universais herdeiros ab intestato de Celia Graña son o seu irmán Feliciano Graña Fernández e a súa sobriña Cristina Cameselle González.

Urbana e rústica. Solo non edificado e terreo a pasto, viña secaño e piñeiral madeirable denominado Ladron, sito no lugar de San Sebastián, parroquia de Mañufe, termo municipal de Gondomar, da superficie de catro mil douscentos dezaoito metros cadrados, dos cales mil cincocentos vinte e seis metros cadrados corresponden á parte urbana, e dous mil seiscentos noventa e dous metros cadrados á parte rústica. Limita: norte, de Isidro Piñeiro Pérez e Celia Graña Fernández; sur, de Celia Graña Fernández; leste, camiño público; e oeste, do mesmo Isidro Piñeiro Pérez.

Referencia catastral (parte urbana): 8312405NG1681S0001EU.

Referencia catastral (parte rústica): 54021A058002650000KK.

64.897,00 €

Non constan

64.897,00 €

1.000,00 €

5

Dereitos hereditarios que correspondan a Feliciano Graña Fernández con DNI L5410667D, en relación cos bens que a continuación se indicarán, adquiridos por falecemento de Celia Graña Fernández, segundo sentenza de data dez de xullo de dous mil nove (autos de procedemento ordinario número 492/2008-T) ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo cal se declara que os únicos e universais herdeiros ab intestato de Celia Graña son o seu irmán Feliciano Graña Fernández e a súa sobriña Cristina Cameselle González.

Rústica. Indivisible: terreo a monte co nomeamento de Castro Fijo, sitio deste nome, parroquia de Mañufe, termo municipal de Gondomar, da extensión dunha área, corenta e tres centiáreas. Lindeiros: norte, camiño; sur, de José Pérez; leste, dos herdeiros de Carmen Fajo; e oeste, de María Moreira.

1.801,80 €

Non constan

1.801,80 €

1.000,00 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Vigo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se deberá conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente, que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade a súa realización, un depósito do 20% do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10%. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75% do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderanse presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas no remate do prazo dun mes desde o seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se alguhna delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Vigo, 6 de xuño de 2012

Javier Sánchez García
Recadador de zona de Vigo