Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2012 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramite ordinario, non suxeito a regulación harmonizada, para a subministración e instalación dun carro varadoiro sobre carrís e cabrestante para o porto pesqueiro de Laxe (A Coruña), actuación cofinanciada dentro da medida 3.3 do programa operativo do Fondo Europeo de Pesca nun 61% (expediente 12/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación dun carro varadoiro sobre carrís e cabrestante para o porto pesqueiro de Laxe (A Coruña).

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución/entrega: 150 días.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPA: 28.22.18.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 179.200,00 €, IVE (18%): 32.256,00 €. Importe total: 211.456,00 €.

Valor estimado: 179.200,00 euros (sen IVE), incluídas posibles prórrogas.

5. Financiamento: actuación cofinanciada dentro da medida 3.3 do programa operativo do Fondo Europeo de Pesca (FEP 61%-39% Estado membro).

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas.

7. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: (981) 54 40 29 (consultas administrativas) 981 54 61 42 (consultas técnicas).

d) Telefax: (981) 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17544

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se deberá presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Edificio administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar (edificio dos espellos).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas:

A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o décimo primeiro día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Hora: 12.00 horas.

A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil de contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2012

P.D. (Orde do 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar