Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012 pola que se convocan os premios de investigación González Llanos e Concepción Arenal.

O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña convocan os premios de investigación González Llanos de Enxeñaría Naval e Concepción Arenal de Humanidades co fin de apoiar e impulsar os labores de investigación realizados no ámbito universitario e no mundo empresarial nas áreas de enxeñaría naval e de humanidades. Estes premios están dotados con 12.000 euros cada un, con cargo ao orzamento municipal, e o prazo de presentación de solicitudes será ata o 15 de setembro de 2012. Para conseguir máis información, consulte o enderezo http://www.udc.es ou chame ao tfno. 981 33 74 00,
ext.: 3800.

Ferrol, 25 de maio de 2012

Araceli Torres Miño
Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
da Universidade da Coruña