Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24714

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dunha praza mediante o sistema de libre designación.

De conformidade co establecido no artigo 29 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (DOG do 13 de xuño de 2008), e no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado, e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012, esta xerencia,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria e presentaranse no Rexistro Xeral (rúa Maestranza, nº 9, 15001 A Coruña) e nos rexistros auxiliares desta universidade (Casa do Lagar-Campus de Elviña, A Coruña e Doutor Vázquez Cabrera s/n, 15403 Ferrol) ou remitiranse a través das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntaráselle un currículo no cal se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.

Esta convocatoria, así como os actos administrativos que dela derivaren, poderán ser impugnados no prazo e na forma establecidos na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 31 de maio de 2012

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Número do posto RPT: 09.

Denominación do posto: letrado/a asesor/a.

Centro: Secretaría Xeral.

Grupo: A1.

Tipo de posto: singularizado.

Complemento de destino: 29.

Complemento específico mensual: 1.502,11 €.

Forma de provisión: libre designación.

Requisitos: funcionario/a de carreira do grupo A1 con destino na Universidade da Coruña e os/as funcionarios/as de carreira do grupo A1 que pertenzan a corpos e escalas da Administración do Estado, das comunidades autónomas e da Administración local, así como de escalas propias doutras universidades.

Requisitos: licenciado/a en Dereito.

Funcións: asesoramento en dereito da Administración universitaria e representación e defensa en xuízo en todo tipo de procesos xudiciais, así como entre os órganos administrativos e en procedementos arbitrais.

Méritos preferentes: experiencia en representación e defensa xudicial das administracións públicas.

ANEXO II

Apelidos

Nome

NIF

Data nacemento

Corpo ou escala

Grupo

Nº. rexistro persoal

Enderezo

Localidade

Provincia

Teléfono fixo

Teléfono móbil

Enderezo electrónico

Posto que solicita

DESTINO ACTUAL

Departamento

Organismo

Localidade

SOLICITO: ser admitido/a no concurso convocado por Resolución reitoral da Universidade da Coruña do 31 de maio de 2012, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto que máis arriba relaciono.

A Coruña, ... de... de 2012

(Sinatura do/a solicitante)

REITOR DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA