Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24805

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO de información pública sobre a apertura e construción dunha planta de reciclaxe de chatarra e refugallos de metal e dunha nave para a clasificación de residuos para comercio por xunto de chatarra e produtos de refugallo.

Suymetal Arangude, S.L. solicitou licenza para a apertura e construción dunha planta de reciclaxe de chatarra e refugallos de metal, incluíndo unha nave para a clasificación de residuos, para a actividade de comercio por xunto de chatarra e produtos de refugallo na parcela B-1, polígono Industrial Vilar do Colo en Fene. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última das publicacións deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade presente as alegacións que considere pertinentes; o expediente poderá examinarse no Departamento Municipal de Urbanismo.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 30 de abril de 2012

Gumersindo P. Galego Feal
Alcalde