Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 21 de xuño de 2012 Páx. 24779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación do contrato suxeito a regulación harmonizada de servizo para a explotación da rede de control de prepotables, rede de control de tramos piscícolas, rede OSPAR e rede de pequenos encoros das bacías hidrográficas de Galicia-Costa (clave OH.088.320.SV), cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Augas de Galicia.

2) Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.

4) Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: OH.088.320.SV.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: explotación da rede de control de prepotables, rede de control de tramos piscícolas, rede OSPAR e rede de pequenos encoros das bacías hidrográficas de Galicia-Costa.

c) Lugar de execución: A Coruña, Lugo e Pontevedra.

d) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses.

e) Admisión de prórroga: si, posibilidade de prórroga contractual ata un máximo de vinte e catro (24) meses.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71620000-0.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enumérase e detállase coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Valor estimado do contrato: 2.618.460,52 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 1.309.230,26 euros. Importe total: 1.544.891,71 euros.

6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso: (grupo, subgrupo e categoría): non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: acreditarán a súa solvencia polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e 78.a), b) e e) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, nos termos que se expresan na cláusula 7.1.4. do prego de cláusulas administrativas particulares en relación co punto 6.2. do cadro de características do contrato.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 de agosto de 2012.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).

2) Enderezo: Doutor Maceira nº 18, baixo.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto nos pregos administrativos e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira nº 18, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.

d) Data e hora: 29 de agosto de 2012. A apertura do sobre B será ás 8.45 horas e a apertura do sobre C terá lugar na data e hora que se notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase, no perfil do contratante, con dous (2) días hábiles de antelación á súa realización.

10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 18 de xuño de 2012.

12. Outras informacións.

a) Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto do contrato indicado no punto 2 anterior está cofinanciado polo Feder nun 80%, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos), Actuación 3.53.8: medidas de vixilancia das canles para asegurar a súa calidade ambiental. Unha maneira de facer Europa.

b) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.

d) Forma xurídica de agrupación de empresas, de ser o caso: unión de empresarios.

e) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

g) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

h) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2012

P.D. (Resolución 30.1.2012, DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia