Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 1 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012045TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 24 de maio de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2012045TA-CO incoado a Jorge Alberto Rey Sande.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Jorge Alberto Rey Sande o contido da dita resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 1 de xuño de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2012045TA-CO.

Interesado: Jorge Alberto Rey Sande.

DNI/NIF/CIF: 33287003T.

Derradeiro enderezo coñecido: Agrelo, 7-I, 1º F. Bertamiráns. Ames.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: artigo 35.a.1) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e artigo 41.a) e h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. b) Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, artigos 7. Prohibición de fumar. Prohíbese fumar, ademais de naqueles lugares ou espazos definidos na normativa das comunidades autónomas, en u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados. Artigo 19. Infraccións. 1. As infraccións por incumprimento do previsto nesta lei clasifícanse en leves, graves e moi graves. 2. Consideraranse infraccións leves: a) Fumar nos lugares en que exista prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 30 € (trinta euros).