Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24961

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2012 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas.

Na sesión que tivo lugar o día 14 de xuño de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG número 144, do 28 de xullo), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Proceder á publicación das cualificacións do cuarto exercicio da fase de oposición. As cualificacións resultantes, logo da corrección polo tribunal do citado exercicio, son as seguintes:

DNI

Apelidos e nome

Nota

70809319R

Hernández Díaz, Virginia

Apto

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar a puntuación obtida pola aspirante que se presentou ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas, no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. Que de acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, a aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas en relación coa puntuación no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2012

Roberto Arias Sánchez
Presidente do tribunal