Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24991

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1766/2011 JS).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 1766/2011 JS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 510/2009 Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Recorrente: Santiago García Fandiño, S.L.

Avogado: Alberto José García Vilaboy.

Recorridos: Consellería de Traballo e Benestar, Purificación Aroca Durán.

Avogado: letrado comunidade (Servizo Provincial).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1766/2011 JS desta sección, seguido por instancia de Santiago García Fandiño, S.L. contra a Consellería de Traballo e Benestar, Purificación Aroca Durán sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da empresa Santiago García Fandiño, S.L. contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 desta capital, con data do 13 de decembro de 2010, ditada en procedemento de oficio instado pola Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, fronte á referida empresa recorrente e sendo parte interesada a traballadora Purificación Araoca Durán, revogamos a dita sentenza e, desestimando a comunicación-demanda reitora do proceso de oficio, declaramos que non existiu fraude de lei na contratación eventual realizada entre as partes, base da acta de infracción número 2008/746, incoada á empresa Santiago García Fandiño, S.L. Devólvase á empresa recorrente o depósito que constituíu para recorrer. Sen custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Purificación Aroca Durán, expido e asino a presente.

A Coruña, 1 de xuño de 2012.

A secretaria xudicial