Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 24968

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2012 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (Boletín Oficial del Estado do 13 de abril), en diante LOU, e no Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, polo cal se regula o réxime dos concursos de acceso a corpos docentes universitarios (en diante RDCA), e a teor do establecido nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (Diario Oficial de Galicia do 26 de maio) e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (Diario Oficial de Galicia do 17 de outubro) da Xunta de Galicia (en diante EUDC).

Esta reitoría, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 36 dos EUDC, resolve convocar a concurso as prazas que figuran no anexo I desta resolución, de acordo coas seguintes bases:

1. Normas xerais

1.1. Este concurso rexerase pola LOU, o RDCA, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común (en adiante LRXAPPAC), os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008 e naquilo que non estea previsto pola lexislación xeral da función pública do Estado.

1.2. Os concursos de acceso terán un procedemento independente para cada praza ou grupo de prazas convocadas.

1.3. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios.

No cómputo dos prazos o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.

2. Requisitos das persoas candidatas

2.1. Para ser admitido/a á realización destas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:

a) Ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles Estados a que en virtude de tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se define no Tratado Constitutivo da Comunidade Europea.

Tamén poderán participar o/a cónxuxe, os descendentes e descendentes do/a cónxuxe, dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores da devandita idade que vivan á súa conta. Este último beneficio será igualmente de aplicación aos familiares de nacionais doutros Estados cando así estea previsto nos tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España.

Igualmente, poderán participar os aspirantes de nacionalidade estranxeira non comunitaria, cando se cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do RDCA.

b) Ter feitos os dezaseis anos de idade e non superar os setenta.

c) Estar acreditado/a ou habilitado/a para o corpo docente universitario de que se trate, cumprir os requisitos marcados no artigo 4 do RDCA e non atoparse incursos na prohibición da epígrafe 4 do artigo 9 do RDCA.

d) Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar que non foron sometidos a ningunha sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

e) Non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado/a por ningunha limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.

3. Solicitudes

3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo III a esta convocatoria e serán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de quince días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria do Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo coincide en sábado ou día inhábil na universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992.

3.2. As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa da Maestranza 9, A Coruña) ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (campus de Elviña e de Ferrol), ou de acordo coas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992. As solicitudes que se presentaren por medio das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o persoal de Correos poida estampar nelas o selo coa data antes da súa certificación. As solicitudes que se fagan no estranxeiro poderán cursarse por medio das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.

Os dereitos de exame serán de 40,74 euros e ingresaranse na conta corrente 0049 5030 15 2516011262, concursos-oposicións, aberta no Banco Santander Central Hispano da Coruña. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da devandita entidade ou mediante transferencia bancaria en que debe constar obrigatoriamente o nome e os apelidos da persoa interesada e a referencia á praza a que concursa. A simple presentación da solicitude e o xustificante de pagamento na entidade bancaria non suporá en ningún caso a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na epígrafe 3.1 destas bases.

3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, cuxa falta total ou parcial será motivo de exclusión:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade, así como, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir á súa conta ou estar ao cargo da persoa nacional do outro Estado con que manteñan o devandito vínculo. Así mesmo, deberán presentar unha declaración xurada ou promesa de non atoparse separados de dereito do seu ou da súa cónxuxe e, de ser o caso, do feito de que o/a aspirante vive á súa conta ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia compulsada do título de doutor/a.

c) Copia dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na alínea a) da epígrafe 2.1 destas bases. No suposto do profesorado que ocupe unha praza de igual categoría, certificación acreditativa do seu desempeño.

d) Xustificante orixinal do pagamento dos dereitos de exame.

Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Tamén estarán exentas do pagamento as persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50% da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da minusvalidez ou do documento acreditativo de familia numerosa, segundo corresponda.

Tamén estarán exentas as persoas que figuren como demandantes de emprego durante o prazo, polo menos, dun mes anterior á data de publicación desta convocatoria. Para o desfrute da exención será requisito que non rexeitasen, no prazo de que se trate, oferta de emprego adecuado nin se negasen a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional e que, así mesmo, carezan de rendas superiores, en cómputo mensual, ao salario mínimo interprofesional.

O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados, solicitarase na oficina dos servizos públicos de emprego. A acreditación das rendas realizarase mediante unha declaración xurada ou promesa escrita do solicitante. Ambos os dous documentos deberán xuntarse á solicitude.

3.4. Poderán emendarse os erros de feito que se advirtan en calquera momento, de oficio ou por pedimento da persoa interesada. Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, polo que só poderán solicitar a súa modificación mediante un escrito motivado dentro do prazo establecido na epígrafe 3.1 destas bases para a presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo non se admitirá ningún pedimento desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.

4. Admisión dos aspirantes

4.1. Rematado o prazo de presentación das solicitudes, o vicerreitor de Profesorado da Universidade da Coruña ditará unha resolución en que se aprobe a listaxe provisional de aspirantes admitidos e excluídos, na cal se indicarán as causas de exclusión. A devandita resolución será publicada no taboleiro de anuncios da Reitoría da Universidade da Coruña e da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Relación Universidade-Empresa, así como, a título divulgativo, no enderezo web http://www.udc.es/persoal/ga/pdi/concursos/funcionarios.asp

4.2. As persoas interesadas poderán presentar a súa reclamación contra esta resolución ante o reitor no prazo de dez días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da súa publicación. Unha vez resoltas as reclamacións, publicarase nos mesmos lugares a listaxe definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

5. Comisión de acceso

5.1. De acordo co que establece o artigo 81 dos EUDC, a composición da Comisión de acceso é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo. Agás pedimento noutro sentido e autorizado, terá a súa sede e actuará no centro a que se adscriba a praza convocada.

Por outra banda, conforme o marcado no artigo 6.4 do RDCA, os currículos dos membros das comisións xulgadoras faranse públicos e poderán ser consultados no Servizo de Persoal Docente e Investigador.

5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, non sendo que concorra unha causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada polo reitor. Os membros da Comisión deberán absterse de actuar e os interesados poderán recusalos nos casos e polos motivos regulados pola LRXAPPAC. Unha vez resolta a renuncia, a abstención ou a recusación, os afectados serán substituídos polos seus respectivos suplentes, no seu defecto, por orde correlativa e en último caso resolverá o reitor.

5.3. A Comisión de acceso deberá constituírse no prazo máximo de tres meses desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado da correspondente convocatoria. Transcorrido este prazo sen que se constituíse, o reitor procederá a substituír o presidente titular.

5.4. Dentro do devandito prazo, o presidente ou a presidenta, despois de consultar os demais membros, ditará unha resolución que se lles notificará a todas as persoas interesadas cunha antelación mínima de quince días naturais a respecto da data do acto para o cal sexan citados, en que se convoque:

a) Todos os membros titulares da Comisión e, de ser o caso, os suplentes, para efectuaren o acto de constitución desta e fixar a seguir, e facer públicos, os criterios específicos de selección. Na citación indicarase o día, a hora e o lugar do acto de constitución.

b) Todos os aspirantes admitidos a participar no concurso, para realizaren o acto de presentación de concursantes, con indicación do día, a hora e o lugar en que se realizará o devandito acto. Para estes efectos, o prazo entre a data prevista para o acto de constitución da Comisión e a data sinalada para o acto de presentación non poderá exceder os dous días hábiles.

5.5. A constitución da Comisión de acceso exixirá a asistencia da totalidade dos seus membros. Os membros titulares que non concorreren a este acto cesarán e serán substituídos polos seus respectivos suplentes. Unha vez constituída a Comisión, no caso da ausencia do presidente ou da presidenta, este ou esta serán substituídos polo vogal de maior categoría e antigüidade. O secretario/a será substituído/a, de ser o caso, polo vogal de menor categoría e antigüidade.

5.6. Para que a Comisión poida actuar validamente requirirase a asistencia de, cando menos, tres dos seus membros entre os cales figurarán obrigatoriamente o presidente ou a presidenta e o secretario ou a secretaria. Os membros da Comisión que estiveren ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que incorresen.

Se unha vez comezada a primeira proba a Comisión quedase con menos de tres membros, procederase ao nomeamento dunha nova comisión polo procedemento establecido no artigo 9 da normativa que regula os concursos e non poderán formar parte dela os membros da primeira que cesasen nesta condición.

5.7. A Comisión sinalará e fará públicos no acto de constitución, antes do acto de presentación, os criterios de valoración do concurso axeitados ao perfil da praza.

5.8. Durante o desenvolvemento do concurso, a Comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como no que proceder nos casos que non estivesen previstos nelas. En todo momento a súa actuación ha de axustarse ao disposto na LRXAPPAC.

6. Acto de presentación

6.1. O acto de presentación será público e no seu transcurso, as persoas candidatas entregaranlle ao presidente ou á presidenta da Comisión de selección, por quintuplicado, os seguintes documentos:

a) O currículo, en que detallarán o seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos dos seus méritos. O currículo deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV.

b) O proxecto docente e investigador que a persoa candidata propón desenvolver de lle ser adxudicada a praza a que concursa. O devandito proxecto axustarase, se se fixou na convocatoria, ás especificacións marcadas.

6.2. No acto de presentación os concursantes recibirán cantas instrucións sobre a realización das probas deban serlles comunicadas. Así mesmo, determinarase mediante sorteo, a orde de actuación dos concursantes e fixarase o lugar, a data e a hora de inicio das probas.

6.3. O/a secretario/a da Comisión garantirá que a documentación que entreguen os concursantes poida ser consultada polos candidatos antes do inicio das probas.

7. Realización das probas

7.1. Os concursos de acceso constarán das probas e axustaranse ao procedemento que sinala o artigo 12 da normativa aprobada polo acordo do Consello de Goberno do 10 de decembro de 2008, pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios docentes universitarios na Universidade da Coruña.

7.2. As probas serán públicas e cada unha delas será eliminatoria.

7.3. Finalizada cada proba, cada membro da Comisión entregaralle ao presidente ou á presidenta un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados, de cada un dos concursantes, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.

7.4. Para superar a proba é necesario obter, cando menos, tres votos favorables dos membros da Comisión.

7.5. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da Comisión. No caso de empate recorrerase á votación, sen que sexa posible absterse. De persistir o empate, dirimirá o voto do presidente ou da presidenta.

8. Proposta

8.1. Nun prazo máximo de cinco días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao do remate das probas, publicarase no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a Comisión de selección, a proposta motivada e vinculante de nomeamento para a provisión da praza, con expresión de todos os candidatos propostos por orde de preferencia. Os concursantes poderán presentar unha reclamación contra a devandita proposta ante o reitor no prazo de dez días.

8.2. Unha vez publicada, o/a presidente/a da Comisión de selección ou, de ser o caso, o/a secretario/a, entregarán a proposta na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña xunto coas actas e os informes que compoñen o expediente, un exemplar da documentación achegada por cada persoa candidata coas xustificacións correspondentes e a certificación do/a secretario/a da Comisión en que conste a data de publicación no taboleiro do centro.

8.3. Tras finalizar o procedemento, a documentación dos concursantes quedará á disposición destes na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña, de onde deberá retirarse. Porén, no caso de interposición de recurso non poderá ser retirada ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que os interesados poidan realizar copia da devandita documentación para outros efectos.

8.4. Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, non caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruída.

9. Presentación de documentos e nomeamento

9.1. A persoa candidata proposta en primeiro lugar deberá presentar no prazo de vinte días contados desde o seguinte á publicación da proposta, nos lugares e conforme o procedemento previsto na epígrafe 3.2 destas bases, os seguintes documentos:

a) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a de ningunha Administración pública en virtude e expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.

Os concursantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).

b) Certificado médico oficial de non padecer ningunha enfermidade nin ningún defecto físico o psíquico que o/a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes ao cargo de profesorado universitario.

Aquelas persoas que tivesen a condición de funcionarias públicas de carreira estarán exentas de xustificar e presentar os documentos indicados nas alíneas a) e b), deberán presentar, no caso de procederen doutra Administración, unha certificación da universidade ou organismo de que dependan que acredite a súa condición de funcionarias e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.

9.2. O reitor da Universidade da Coruña efectuará o nomeamento como funcionario/a docente de carreira dos candidatos propostos pola Comisión, unha vez estes acreditaren en prazo a documentación requirida. No caso de non o facer, o reitor procederá ao nomeamento do/a seguinte candidato orde proposta, tras a presentación pola súa parte dos mencionados documentos nun prazo idéntico de vinte días.

9.3. O nomeamento especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicaráselle ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento de número do rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle á Secretaría Xeral do Consello de Universidades.

9.4. No prazo máximo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata proposta deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionaria docente universitaria de carreira do corpo de que se tratar.

10. Comisión de reclamacións

10.1. Os concursantes poderán presentar unha reclamación contra as propostas das comisións dos concursos de acceso ante o reitor no prazo de dez días. Admitida a trámite a reclamación, suspenderanse os nomeamentos ata se resolver. A reclamación será valorada por unha comisión composta por sete catedráticos o catedráticas de universidade pertencentes a diversos ámbitos do coñecemento, designados polo Claustro da Universidade da Coruña, con ampla experiencia docente e investigadora.

10.2. A Comisión de reclamacións oirá os membros da Comisión contra cuxa proposta se presente a reclamación, así como aos candidatos que participasen no concurso.

10.3. Esta Comisión examinará o expediente relativo ao concurso para velar polas garantías establecidas e ratificará ou non a proposta reclamada no prazo máximo de tres meses, tras o que o reitor ditará a resolución de acordo coa súa proposta. O transcurso do prazo sinalado sen resolver entenderase como rexeitamento da reclamación presentada.

10.4. As resolucións do reitor a que se refire a anterior epígrafe deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

11. Norma final

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses que comezarán a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a LRJAPPAC.

A Coruña, 6 de xuño de 2012

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO I

Número de concurso: 12/019. Número de prazas: 1.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: Química Orgánica.

Departamento: Química Fundamental.

Actividade docente e investigadora: materias da área.

Centro: Facultade de Ciencias.

Número de concurso: 12/020. Número de prazas: 1.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: Química Orgánica.

Departamento: Química Fundamental.

Actividade docente e investigadora: materias da área.

Centro: Facultade de Ciencias.

Número de concurso: 12/021. Número de prazas: 1.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: Historia e Institucións Económicas.

Departamento: Economía Aplicada I.

Actividade docente e investigadora: Historia Económica.

Centro: Facultade de Economía e Empresa.

Número de concurso: 12/022. Número de prazas: 1.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: Matemática Aplicada.

Departamento: Matemáticas.

Actividade docente e investigadora: Álxebra (730G01106), Cálculo (730G03001).

Centro: Escola Politécnica Superior.

Número de concurso: 12/023. Número de prazas: 1.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: Biblioteconomía e Documentación.

Departamento: Humanidades.

Actividade docente e investigadora: materias da área.

Centro: Facultade de Humanidades.

ANEXO II

Praza de profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: Química Orgánica.

Praza 12/019.

Comisión titular

Presidente: Riguera Vega, Ricardo, catedrático de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Rodríguez González, Jaime, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Iglesias Randulfe, María Teresa, profesora titular de universidade, Universidade de Vigo.

Vogal 2º: Fernández Marcos, Carlos María, profesor titular de universidade, Universidade de Extremadura.

Vogal 3º: Rodríguez Morgade, María Salomé, profesora titular de universidade, Universidade Autónoma de Madrid.

Comisión suplente

Presidente: Fall Diop, Yagamare, catedrático de universidade, Universidade de Vigo.

Secretario: Jiménez González, Carlos, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Tojo Suárez, Emilia, profesora titular de universidade, Universidade de Vigo.

Vogal 2º: Vázquez Tato, Pilar, profesora titular de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 3º: Paz Castañal, Manuel, profesor titular de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Praza de profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: Química Orgánica.

Praza 12/020.

Comisión titular

Presidente: Quintela López, José María, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario: Pérez Sestelo, José, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Amat Tuson, Mercedes, catedrática de universidade, Universidade de Barcelona.

Vogal 2º: Sarandeses da Costa, Luis Alberto, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 3º: Vázquez Tato, María Pilar, profesora titular de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Comisión suplente

Presidente: Seijas Vázquez, Julio Antonio, catedrático de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: Peinador Veira, Carlos, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Paleo Pillado, María Rita, profesora titular de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Vogal 2º: Rodríguez González, Jaime, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 3º: Pérez Meirás, María Dolores, profesora titular de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Praza de profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: Historia e Institucións Económicas.

Praza 12/021.

Comisión titular

Presidente: Alonso Álvarez, Luis, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Secretario: Martínez López, Alberte, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: Maixé Altés, Joan Carles, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 2º: Rivera Castiñeira, Berta, profesora titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 3º: Sáiz Pastor, Candelaria, profesora titular de universidade, Universidade de Alicante.

Comisión suplente

Presidente: Vidal Olivares, Javier, catedrático de universidade, Universidade de Alicante.

Secretario: Núñez Romero-Balmas, Gregorio, catedrático de universidade, Universidade de Granada.

Vogal 1º: Cardesín Díaz, José María, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 2º: Fernández Paradas, Mercedes, profesora titular de universidade, Universidade de Málaga.

Vogal 3º: Rodríguez Galdo, María Josefina, Catedrática de Universidade, Universidade de Santiago de Compostela.

Praza de profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: Matemática Aplicada.

Praza 12/022.

Comisión titular

Presidente: Román Roy, Narciso, catedrático de universidade, Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: Merino Gayoso, Eugenio, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 1º: González Rodríguez, Ramón, profesor titular de universidade, Universidade de Vigo.

Vogal 2º: Iglesias Otero, María Teresa, profesora titular de universidade, Universidade da Coruña.

Vogal 3º: Torres Miño, Araceli, profesora titular de universidade, Universidade da Coruña.

Comisión suplente

Presidente: Liz Marzán, Eduardo, catedrático de universidade, Universidade de Vigo.

Secretario: Bajo Palacio, Ignacio, profesor titular de universidade, Universidade de Vigo.

Vogal 1º: Martínez Fernández, Eduardo, profesor titular de universidade, Universidade de Zaragoza.

Vogal 2º: Chasco Ugarte, María Jesús, profesora titular de universidade, Universidade de Navarra.

Vogal 3º: Fernández Delgado, Isabel, profesora titular de universidade, Universidade de Sevilla.

Praza de profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: Biblioteconomía e Documentación.

Praza 12/023.

Comisión titular

Presidente: Caridad Sebastián, Mercedes, catedrática de universidade, Universidade Carlos III de Madrid.

Secretario: Gómez Camarero, Carmen, profesora titular de universidade, Universidade de Málaga.

Vogal 1º: Muñoz Rodríguez, José Vicente, catedrático de universidade, Universidade de Murcia.

Vogal 2º: Cordón García, Jose Antonio, profesor titular de universidade, Universidade de Salamanca.

Vogal 3º: Rodríguez Bravo, Blanca, profesora titular de universidade, Universidade de León.

Comisión suplente

Presidente: Moreiro González, José Antonio, catedrático de universidade, Universidade Carlos III de Madrid.

Secretario: Palomares Perraut, Rocío, profesora titular de universidade, Universidade de Málaga.

Vogal 1º: Asensi Artigas, Vivina, profesora titular de universidade, Universidade de Murcia.

Vogal 2º: Peset Mancebo, Fernanda, profesora titular de universidade, Universidade Politécnica de Valencia.

Vogal 3º: Gil Leiva, Isidoro, profesor titular de universidade, Universidade de Murcia.

ANEXO IV
Currículum vitae

Datos persoais:

Apelidos e nome.

Número do documento nacional de identidade. Lugar e data de expedición.

Nacemento (data, localidade e provincia).

Residencia (enderezo, localidade e provincia).

Teléfono e enderezo electrónico.

Categoría actual como profesor, centro, departamento e área de docencia actual.

Datas de resolución da acreditación ou habilitación.

Datos académicos:

1. Títulos académicos (clase, organismo e centro de expedición, data de expedición, cualificación, se a houber).

2. Postos docentes desempeñados (categoría, organismo ou centro, réxime de dedicación, data do nomeamento ou contrato, data de cesamento ou remate).

3. Actividade docente desempeñada.

4. Actividade investigadora desempeñada.

5. Publicacións de libros e capítulos de libros (autor ou coautores, título, editor/es, editorial, data de publicación) (*).

6. Traballos científicos publicados en revistas españolas o estranxeiras (autor ou coautores, título, revista, número de páxinas, data de publicación) (*).

7. Outras publicacións.

8. Outros traballos de investigación.

9. Proxectos de investigación subvencionados.

10. Comunicacións e relatorios presentados a congresos (título, entidade organizadora, carácter nacional ou internacional, lugar e data).

11. Patentes.

12. Cursos e seminarios impartidos (con indicación do centro, organismo, materia, actividade desenvolvida e data).

13. Cursos e seminarios recibidos (con indicación do centro ou organismo, materia e data de realización).

14. Bolsas, axudas e premios recibidos (con posterioridade á licenciatura).

15. Actividade en empresas e profesión libre.

16. Outros méritos docentes ou de investigación.

17. Outros méritos.

18. Cargos de xestión desempeñados (cargo, centro e período).

19. Coñecemento da lingua propia da UDC.

20. Dilixencia de referendo do currículum.

(*) Se están pendentes de publicación, xustifíquese a aceptación polo consello editorial.

missing image file