Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (708/2011).

Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de oficio autoridade laboral número 708/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, contra a empresa Servicios de Hostelería Larín, S.L., Diana Angélica Abreu Facúndez e Sohelia García Amaral sobre procedemento de oficio, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que de oficio interpuxo a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña e, en consecuencia, debo declarar e declaro que a relación que existe entre Shoelia García Amaral e Diana Angélica Abreu Facúndez e Servicios de Hostelería Larín, S.L., debe ser considerada como laboral.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación.

A Coruña, 19 de abril de 2012

A secretaria xudicial