Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2012 Páx. 25117

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza dos Ríos

ANUNCIO de información pública e participación cidadá sobre a documentación da unión voluntaria mediante fusión dos concellos de Cesuras e Oza dos Ríos.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 15 de xuño de 2012, acordou someter o documento contido no proxecto de unión voluntaria mediante fusión dos concellos de Cesuras e Oza dos Ríos (A Coruña). Oza-Cesuras. Documentación para información pública e participación cidadá (V.1.0). Xuño de 2012, con carácter previo e independente do procedemento de fusión, a información pública e á participación cidadá polo prazo de vinte (20) días, contados desde a última publicación deste anuncio no DOG e BOP da Coruña, co fin de que os veciños e os interesados poidan examinalo e presentar, se é o caso, as suxestións e alegacións que consideren convenientes.

Co obxecto de facilitar a información pública e a participación cidadá inserirase nas páxinas web oficiais dos dous concellos toda a documentación en formato dixital, que poderá ser descargada por calquera persoa. Igualmente, na Secretaría Xeral do Concello haberá un exemplar con toda a documentación ao dispor de calquera cidadán que queira informarse.

Terminado o período de información pública e participación cidadá, resolverase sobre as suxestións e alegacións presentadas, así como o que proceda sobre o proxecto de unión voluntaria mediante fusión dos concellos.

O que se publica, para os efectos oportunos.

Oza dos Ríos, 18 de xuño de 2012

José Pablo González Cacheiro
Alcalde