Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación de resolucións de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos cuxo número se cita no anexo.

Contra estas resolucións poderán interpoñer os interesados recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que de non ser presentado o recurso en tempo e forma, deberán de aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que poden recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda Galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro).

Lugo, 11 de xuño de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expt.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Resolución

Ribalider, S.L.

B-27289644

LU-E 5/12

26.e) LO 1/1992

Avda. Galicia nº 8, baixo, Ribadeo

Multa de 300 €

Pedro Jesús Cruz Santamaría

33556541

LU-E 16/12

26.e) LO 1/1992

R/ Río Sil nº 37, 4º B, Lugo

Multa de 150 €

Francisca Álvarez Romero

34889278-A

LU-E 18/12

26-e) LO 1/1992

R/ Ramón Canosa nº 22, 3º C, Viveiro

Multa de 300 €