Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25285

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (1166/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1166/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Quintela Souto contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Lux Cor, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, estimando a demanda interposta por María Carmen Quintela Souto, con DNI 34891314-S, contra a empresa Lux Cor, S.L., debo declarar e declaro que esta procede, e condeno a entidade demandada a que lle aboe á demandante 11.745,98 euros, máis o xuro por demora do 10%, que só se percibirá con respecto aos conceptos salariais reclamados.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte á súa notificación. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de depositar a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 1531-60) na conta deste xulgado aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta (clave de ingreso 1531-34) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lux Cor, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2012

A secretaria xudicial