Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2012 Páx. 25363

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baltar

ANUNCIO de información pública sobre a construción dun aloxamento cabrún en Tixos.

José Benito Pérez Bello solicitou licenza de construción dun aloxamento cabrún en Tixos (Baltar), situado no predio nº 70 do polígono 502, sometida a avaliación de incidencia ambiental e neste concello tramítase o oportuno expediente.

Exponse ao público este edicto durante o prazo de 20 días hábiles, que se empezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Todas as persoas que se consideren afectadas pola actividade poderán examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular as alegacións ou observacións que consideren oportunas.

Baltar, 31 de maio de 2012

José Antonio Feijoo Alonso
Alcalde