Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a adxudicación e a formalización da contratación do servizo de limpeza no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación e a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral para o Deporte.

c) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17312

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de limpeza no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 61, do 28 de marzo de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen impostos: 101.700 €.

Impostos: 18.306 €.

Importe total: 120.006 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de maio de 2012.

b) Contratista: Marodri, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento un mil setecentos euros (101.700 €) ao cal se lle engaden dezaoito mil trescentos seis euros (18.306 €) en concepto de IVE, polo que resulta un total de cento vinte mil seis euros (120.006 €).

Data de formalización: 1 de xuño de 2012.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

Por desconcentración (Decreto 325/2009)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte