Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade a unha renovación da autorización ambiental integrada.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, punto 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á renovación da autorización ambiental integrada outorgada á empresa que se relaciona no anexo seguinte e que se pode consultar na seguinte URL: http://www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2819 ou ben nas dependencias da citada Secretaría Xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Resolución do 1 de maio de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Bioetanol Galicia, S.A. para a fábrica de etanol situada no concello de Curtis, A Coruña (nº rexistro AAI 2005/0246_NAA/IPPC_019; clave expediente renovación 2011-IPPC-M-25).