Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato da adquisición de placas para a realización de mamografías do Programa galego de detección precoz do cancro de mama (MS-CON1-12-003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: MS-CON1-12-003.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de placas para a realización de mamografías do Programa galego de detección precoz do cancro de mama.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 24931000-9.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 193.155,84 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 83.980,80 euros. Importe total: 90.699,27 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de maio de 2012.

b) Data de formalización del contrato: 28 de maio de 2012.

c) Contratista: Carestream Health Spain, S.A. Unipersonal.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 70.632 euros. Importe total: 76.282,56 euros.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos