Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 5 de xuño de 2012, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coa denominación de Comunais da Granxa, a favor dos veciños da parroquia da Granxa, no concello de Esgos (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar no 9 de maio de 2012, acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte coas características que deseguido se relacionan:

Concello: Esgos.

Denominación do monte: Comunais da Granxa.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da Granxa.

Parroquia: Vilar de Ordelles (Santa María).

Superficie total: 6.900 m2 aproximadamente.

Parcelas catastrais que conforman os terreos que se clasifican:

Polígono 9: parcelas 9008, 9011 e 3014 incluídas parcialmente no monte.

Polígono 9: parcelas 276, 277 e 278, incluídas totalmente no monte.

Polígono 11: parcela 325, incluída totalmente no monte.

Encravada na parcela 278 do polígono 9 atópase unha vivenda.

Estremas:

Norte. Polígono 9, que inclúe as seguintes parcelas: 271 (Senén Formoso Pérez), 272 (Carlos Fernández Rodríguez), 273 (José Ramón González Pérez), 274 (descoñecido), 275 (José Dacasa Cortés).

Leste. Polígono 9, coa parcela 243 (Carlos Pérez Nóvoa); estrada e camiño.

Sur. Polígono 11, coas seguintes parcelas: 223 (José Pato Gómez), 225, 318 e 321 (descoñecidos), 322 (Manuel Formoso Rodríguez); estrada.

Oeste. Polígono 9, coas seguintes parcelas: 289 (Ángel Ocón Villalón), 290 (José Pato Gómez), 292 (Efraín Godoy Fernández), 294 (Elías Rodríguez Martínez); camiños.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período de un mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como presentar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 5 de xuño de 2012

Ricardo Ignacio Vecillas Rojo
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense