Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2012 Páx. 25535

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carnota

ANUNCIO de información pública sobre cetaria e depuradora en Portocubelo.

Curropesca, S.L., formulou licenza municipal de actividade para cetarea e depuradora en Portocubelo, no concello de Carnota. De conformidade co disposto no artigo 8 e seguintes do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, no marco de concesión da licenza municipal de actividade, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte (20) días co fin de que durante este (que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia) os afectados pola actividade que se pretende instalar, poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O expediente pode consultarse, durante as horas de oficina, no Departamento de Urbanismo do concello, onde se atopa de manifesto.

Carnota, 13 de xuño de 2012

Ramón Noceda Caamaño
Alcalde