Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2012 Páx. 26007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1450/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do social número 2 da Coruña fago saber que por dilixencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José María Pousada Villar, Juan José Pequeño Toba contra a empresa León Javier Romero Torán, Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº 1450/2009, acordouse notificar a sentenza á empresa León Javier Romero Torán, en ignorado paradoiro, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Asunto 1450/2011.

Na cidade da Coruña, 6 de xuño de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de José María Pousada Villar e Juan José Pequeño Toba, que comparece representado polo letrado Sr. Pena López, contra a empresa León Javier Romero Torán e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Resolvo que, estimando a demanda interposta por José María Pousada Villar e Juan José Pequeño Toba contra a empresa León Javier Romero Torán, condénoa a lles aboar as cantidades de oito mil seiscentos corenta e dous euros e oitenta céntimos (8.642,80 €) ao Sr. Pousada e de seis mil trece euros e oitenta e cinco céntimos (6.013,85 €) ao Sr. Pequeno.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Se a empresa demandada for recorrente, deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado do comprobante, ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta no Banesto; a consignación en metálico pódese substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista; débese acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, requisito sen o cal non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa León Javier Romero Torán, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de xuño de 2012

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial