Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26236

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 22 de xuño de 2012 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión de indemnizacións, axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, e axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún que teña por obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución dos programas de loita, control e erradicación de enfermidades dos animais, convocadas pola Orde do 27 de decembro de 2011.

Pola Orde do 27 de decembro de 2011 (DOG nº 4, do 5 de xaneiro de 2012), desta consellería, establecéronse as bases reguladoras e convocouse para o ano 2012 a concesión de indemnizacións, axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, e axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún que teña por obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución dos programas de loita, control e erradicación de enfermidades dos animais.

No artigo 4 desta orde Financiamento, relativo ao financiamento destas indemnizacións e axudas, detállanse as aplicacións orzamentarias e os importes económicos previstos para elas (punto 4.1), así como a posibilidade de incrementar eses importes iniciais conforme o establecido no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (punto 4.2).

As cifras dos sacrificios obrigatorios de gando, en execución dos programas de loita, control e erradicación de enfermidades dos animais, así como os pagamentos destinados ás axudas de compensacións complementarias e ás axudas á reposición de gando, no que vai de ano 2012 son superiores aos previstos inicialmente, polo que cómpre ampliar as dúas dotacións orzamentarias consignadas para estes fins na Orde do 27 de decembro de 2011 da Consellería do Medio Rural.

En virtude do exposto, e segundo o establecido no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíanse para o ano 2012 as dotacións orzamentarias que se recollen na Orde do 27 de decembro de 2011 desta consellería (DOG nº 4, do 5 de xaneiro de 2012), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións, axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, e axudas para a compra de gando bovino, ovino e cabrún que teña por obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución dos programas de loita, control e erradicación de enfermidades dos animais, e se convocan para o ano 2012.

Importe (€)

Proxecto

Aplicación orzamentaria

100.000

2012 00748

2012.16.22.713-E.770.0

100.000

2012 00741

2012.16.22.713-E.771.1

Disposición adicional única

O incremento de crédito previsto no artigo único non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes das axudas na devandita Orde do 27 de decembro de 2011.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2012

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar