Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26246

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2012 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convoca a persoa aspirante admitida pola quenda de promoción interna á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, espectrometría de masas e proteómica, grupo I, desta universidade.

Por Resolución do 21 de febreiro de 2012 (DOG do 12 de marzo e BOE do 31 de marzo), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico superior de investigación, espectrometría de masas e proteómica, do grupo I da USC, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución do 8 de maio de 2012 (DOG do 23 de maio), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na páxina web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. Convocar a persoa aspirante admitida pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 12 de setembro de 2012, ás 10.00 horas, na sala de reunións do Edificio Cactus, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se realizara o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

De non cubrirse a vacante por promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2012

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela