Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26303

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO polo que se someten a información pública as solicitudes de licenzas urbanísticas que se citan (expedientes 39141/422, 39162/422 e 34697/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Auto Fátima, C.B.; Actividade: taller de reparación de vehículos; lugar: Pino nº 77; expedientes: 76150/421 e 39141/422.

2. Solicitante: Ana Isabel Damián Romero; Actividade: clínica veterinaria con perrucaría e venda de artigos para animais de compañía; lugar: As Teixugueiras nº 16, portal 6; expedientes: 76199/421 e 39162/422.

3. Solicitante: Gabisa Automoción, S.L.; Actividade: exposición e venda de vehículos con taller de reparación; lugar: Madrid (N-120) (CR) nº 210; expedientes: 76599/421 e 34697/422.

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta -1 do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 7 de xuño de 2012

Mª del Carmen Silva Rego
Concelleira-delegada da Área de Urbanismo,
Cascos Históricos e Grandes Proxectos