Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2012 Páx. 26306

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre as bases do XXXVIII Certame literario deste concello para 2012.

O Concello de Vilalba, o 5 de xuño de 2012 aprobou as bases que rexerán a convocatoria do XXXVIII Certame literario do Concello de Vilalba para 2012, resumidas en dous premios de 3.000 e 1.000 € na modalidade de poesía en lingua galega. Os interesados en participar no certame deberán dirixir os seus traballos ao Concello de Vilalba antes das 14.00 horas do día 20 de xullo de 2012 e poderán pedir as bases nas oficinas municipais directamente ou por correo.

Vilalba, 11 de xuño de 2012

Gerardo Criado Guizán
Alcalde