Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos da Asociación Profesional de Persoal Laboral do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia (Apropiga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificado da acta da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Profesional de Persoal Laboral do Servizo de Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia (Apropiga), onde se reflicte o acordo acadado o 12 de maio de 2012, en que se recolle a modificación do artigo 1 dos estatutos da dita asociación, e se procede ao seu depósito.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais