Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2012, da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se fai público o cambio do prego de prescricións técnicas particulares que rexe na licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario, do contrato de servizo para os labores de coordinación de seguridade e saúde da obra de acondicionamento da conexión das estradas AC-552, AC-551 e DP-0509, concello de Arteixo. Convenio Axencia Galega de Infraestruturas-Deputación da Coruña 8.5.2012, de clave AC/11/049.01. (A.T./018/2012). Posible cofinanciamento da Unión Europea (80%). Programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Eixe 4. Tema prioritario 23.3.

Con data do 28 de xuño de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se anunciaba a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, trámite ordinario, do contrato de servizo para os labores de coordinación de seguridade e saúde da obra: acondicionamento da conexión das estradas AC-552, AC-551 e DP-0509, concello de Arteixo. Convenio Axencia Galega de Infraestruturas-Deputación da Coruña 8.5.2012, de clave AC/11/049.01. (A.T./018/2012). Posible cofinanciamento da Unión Europea (80%). Programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Eixe 4. Tema prioritario 23.3.

Advertidos diversos erros no prego de prescricións técnicas particulares, aprobado o día 17 de abril de 2012, que se xunta na documentación da licitación, substituirase por un novo prego de prescricións técnicas particulares, aprobado o día 29 de xuño de 2012.

O prazo de admisión das proposicións rematará o décimo quinto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 142 do Real decreto lexislativo 3/2011 do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas