Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27128

III. Outras disposicións

Tribunal de Contas (Sección de Axuizamento - Departamento Primeiro)

EDICTO (A91/12).

Por este edicto faise público, para dar cumprimento ao acordado pola conselleira do Departamento Primeiro da Sección de Axuizamento do Tribunal de Contas, por providencia do trece de xuño de dous mil doce, ditada no procedemento de reintegro por alcance A91/12, do ramo de comunidades autónomas (Consellería do Mar) que no dito tribunal se segue xuízo contable con motivo de presuntas irregularidades na xestión económico-financeira no Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia que poderían xerar responsabilidade contable, o cal se fai saber coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos en forma dentro do prazo de nove días.

Madrid, 13 de xuño de 2012

Carlos Cubillo Rodríguez
Letrado secretario