Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2012 Páx. 27207

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tordoia

ANUNCIO de información pública sobre explotación de gando vacún de leite en Sares (A Vila de Abade).

Ganadería Castro de Sares, S.C. solicitou desta Alcaldía licenza para explotación de gando vacún de leite que se situará no lugar Sares, parroquia da Vila de Abade deste concello.

Consonte o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días, co fin de que as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren pertinentes, a partir da publicación do presente edicto.

O expediente atópase de manifesto e pódese consultar durante as horas de oficina.

Tordoia, 18 de xuño de 2012

Antonio Pereiro Liñares
Alcalde