Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2012 Páx. 27381

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena a inscrición e o depósito no rexistro, e se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia, da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Empresarial de Seguridade Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Empresarial de Seguridade Galega, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas de seguridade inscritas no Rexistro de Empresas de Seguridade do Estado con traballadores por conta allea, e demais membros relacionados nos estatutos da dita asociación.

Asinan a acta de constitución: Jesús Roade García, Ana María Iglesias Varela, Jaime Villares Díaz, Miguel Ángel Aldrey Cotelo.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais