SAT Finca A Carballeira solicitou neste concello licenza municipal para legalización de actividade gandeira e ampliación de construcións agrarias: almacén agrícola, silos forraxeiros e balsa de zurro na parroquia de Moreira.
De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte (20) días mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello, para que os interesados poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e, de ser o caso, formular os reparos ou observacións que consideren oportunos.
Este anuncio servirá de notificación, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, a todos aqueles que sexan descoñecidos ou dos cales se ignore o seu paradoiro, ou ben, intentada esta, non se poida practicar.
Castroverde, 3 de xullo de 2012
Xosé María Arias Fernández
Alcalde