Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27446

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 27 de xuño de 2012 de aprobación definitiva da modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de planeamento do concello de Soutomaior, no contorno da casa do concello.

O Concello de Soutomaior achega o devandito proxecto de modificación puntual para a súa aprobación definitiva, conforme os artigos 85.7 e 94.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

1. O Concello de Soutomaior dispón, actualmente vixentes, de normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente o 14.11.1989.

2. Neste ámbito iniciouse a tramitación de expediente de modificación puntual número 3 relativa ao contorno da casa do concello, con informe do 15.10.2002, ao abeiro do artigo 42.5 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia; do 29.10.2002, da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, para os efectos do artigo 51 da devandita Lei 1/1997; e do 8.6.2004, da CPTOPT ao abeiro do artigo 85.1 da LOUG. O Concello continuou a tramitación ao abeiro do disposto na disposición transitoria primeira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da LOUG.

3. Consta a emisión de informes municipais da Secretaría, do 12.2.2004 e do 6.6.2012; do aparellador do 28.6.2004; e da arquitecta municipal do 6.6.2012.

4. A modificación puntual foi aprobada inicialmente polo Concello Pleno do 12.7.2004. Foi sometida a información pública durante un mes mediante publicación no DOG do 18.8.2004 e nos xornais La Voz de Galicia dos días 12.8.2004 e 13.8.2004, e Faro de Vigo dos días 6.8.2004 e 7.8.2004. Non se presentaron alegacións.

5. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental decide o 4 de maio de 2012 que non é necesario o procedemento integrado de avaliación ambiental estratéxica.

6. Relativos á fase de información pública e consultas emitiron os seguintes informes:

– Augas de Galicia, do 1.5.2012.

– Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, do 25.5.2012.

7. A modificación puntual foi aprobada provisionalmente polo Pleno na sesión do 8.6.2012.

II. Análise e consideracións.

Logo de analizar a documentación achegada polo Concello de Soutomaior, e vista a proposta que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

1. A modificación ten por obxecto a reordenación dun ámbito de 944,75 m2 situados a carón do Concello, no solo urbano das NSM de Soutomaior. Este ámbito, de titularidade municipal, está cualificado actualmente coa ordenanza 6 de zonas verdes e espazos libres de uso público (281,74 m2) e coa ordenanza 2.2 edificación semi-intensiva de carácter lineal (663,01 m2).

Coa modificación cámbianse 482,20 m2 de parte da ordenanza 2.2 e da zona de ordenanza 6 ao sistema xeral, equipamentos públicos administrativos, e os restantes 462,55 m2 da ordenanza 2.2 pasan a ser de ordenanza 6.

2. O proxecto xustifica a necesidade de ampliar as dependencias municipais nun espazo contiguo ao edificio existente, para o cal é necesario desprazar a zona verde, mantendo a súa posición de continuidade en relación coa sede municipal.

Coa nova ordenación increméntase en 663,01 m2 a superficie destinada a zonas verdes e a equipamentos no solo urbano de Soutomaior. O aumento de dotacións públicas pode incluírse entre as razóns do artigo 94.1 da LOUG e polo tanto fundamenta o interese público.

3. Na ordenación vixente a zona verde é de 281,74 m2, con forma triangular, a carón do Concello. Coa nova ordenación, a zona verde é de 462,55 m2, con forma de L, tamén situada a carón do equipamento administrativo.

4. En relación coa proposta do expediente de modificación número 3 relativa ao contorno da casa do concello, con informe da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia do 29.10.2002, cómpre sinalar que se incrementa a superficie destinada a zona verde e que ten acceso desde a vía.

5. En relación co anterior, este documento obtivo o preceptivo informe favorable previo da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia en sesión do 20 de xuño de 2012.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 da LOUG, e no artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

III. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede, resólvese:

1º. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de planeamento do concello de Soutomaior, no contorno da casa do concello, de acordo co establecido no artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

2º. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.

3º. Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

4º. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas