Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Lousame (expediente IN408A 2012/25).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.

Domicilio social: lugar A Poza-Servia, 15212 Lousame (A Coruña).

Denominación: central de microcoxeración para valorización do biogás no vertedoiro de refugallos de Barbanza.

Situación: Lousame.

Características técnicas:

Planta de coxeración de biogás procedente de vertedoiro, basada en dúas microturbinas de gas. Ciclo Brayton rexenerativo. A planta está formada por:

Dúas microturbinas de gas cunha potencia eléctrica de 65 kW cada unha, tensión de 400 V, e factor de potencia 1, que poden funcionar a velocidade variable comprendida entre 45.000 e 96.000 rpm. Un xenerador de calor gases-auga, cunha potencia térmica de 210 kW, deseñado para producir 12 m3/h de auga quente cunha temperatura de entrada e saída de 80º C e 95º C, respectivamente, por recuperación de calor dos gases procedentes das 2 microturbinas e estando en funcionamento ao 100% da carga. Unidade de tratamento de biogás (UTB), para o tratamento do biogás previamente á entrada da microturbina en que un compresor elevará a presión do gas hasta os 5,5 barg. Cadro eléctrico de baixa tensión de interconexión da microturbina e a rede interna.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de xuño de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña