Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27604

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as de diversas categorías sanitarias e de xestión de servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Por Resolución do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26.3.2012), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes das categoría sanitarias (enfermeiro/a, enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias-061 e enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía), para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Así mesmo, por Resolución do 14 de marzo de 2012 (DOG nº 59, do 26.3.2012), da Dirección de Recursos Humanos, abriuse o prazo para inscrición de aspirantes das categorías sanitarias e de xestión e servizos (facultativo/a especialista de área de Psicoloxía Clínica, traballador/a social, logopeda, técnico/a superior en Prevención de Riscos Laborais e técnico de grao medio en Prevención de Riscos Laborais), para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Nas ditas resolucións prevíase unha xeración de listas coas persoas inscritas ata a data 26.4.2012 que cumpriran os requisitos determinados nas anteriores resolucións.

Unha vez comprobados os datos correspondentes aos requisitos procédese a dar publicidade das persoas admitidas e excluídas na dita xeración de listas, así como tamén nas áreas especiais, con excepción das categorías de técnico/a superior en Prevención de Riscos Laborais e técnicos de grao medio en Prevención de Riscos Laborais que se fará en datas posteriores.

As persoas excluídas poden consultar as causas de exclusión no seu expediente-e na epígrafe de procesos.

A documentación correspondente á formación ou titulación exixida para o acceso pode ser emendada no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, así como tamén os erros materiais que as persoas aspirantes producisen.

Unha vez resoltas as solicitudes de emenda, procederase á publicación dunha lista definitiva de excluídos e admitidos.

As persoas que non aparecen na relación de admitidos e excluídos é por causa de que a súa inscrición se formalizou con posterioridade ao día 26.4.2012 polo que sairán na seguinte xeración de listas, de acordo co pacto citado.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2012

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos