Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 26 de xuño de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións dos expedientes sancionadores (PESAN1 2011/001317-5 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura de Coordinación da Área do Mar-Vigo; r/ Concepción Arenal, 8.

Nº de expediente: PESAN1 2011/001317-5.

Denunciado: Sergio Boubeta Malvido.

DNI: 78738936T.

Enderezo: rúa Cela, nº 1, esc. B, porta C, Cangas (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.G.2.

Sanción: 1.000 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000135-5.

Denunciado: Constantino Fontán Serantes.

DNI: 36041456L.

Enderezo: avda. Galicia, nº 130, Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 300 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000208-5.

Denunciado: Óscar Méndez Pazos.

DNI: 36144237J.

Enderezo: camiño Gandarela, nº 11, Baiona (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 1.000 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou en caso contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario, os interesados deberán recoller na antedita Xefatura de Coordinación da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de se ateren ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 26 de xuño de 2012

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra