Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27677

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO sobre licenza municipal para a construción dunha nave para galiñas poñedoras campeiras.

Carlos Filloy Balseiros, en representación da sociedade Avícola Arceo, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción dunha nave para a explotación de galiñas poñedoras campeiras, que se situará en Vilaverde-Arceo; e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, en que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no BOP ou no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Boimorto, 4 de xullo de 2012

José Ignacio Portos Vázquez
Alcalde