Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación definitiva da modificación do estudo de detalle da zona M1 do Plan parcial do SUP.1-R Carballido (expediente FG nº 543).

Expediente FG nº 543.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 7 de xuño de 2012, acordou aprobar definitivamente a modificación do estudo de detalle do ámbito zonal M1 -parcelas 1011/1013- do Plan parcial do SUP.1-R Carballido en Perillo, e fixo constar que con data do 13.6.2012, se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002 á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes. Tamén se poderá interpor o recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formular a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1) e 105.2) da devandita lei.

Oleiros, 13 de xuño de 2012

Ángel García Seoane
Alcalde presidente