Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27583

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, pola que se convocan determinadas accións formativas dirixidas ao persoal ao servizo das administracións locais de Galicia para o ano 2012.

Aprobado o Plan interadministrativo de formación continua da Fegamp para o ano 2012 pola Comisión Xeral de Formación Continua, e pola Mesa de Formación (Fegamp-centrais sindicais) e ao amparo do convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a Escola Galega de Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, asinado o 25 de maio de 2012; e ao ser necesario que se faga pública a súa iniciación e desenvolvemento,

RESOLVEMOS

Convocar os cursos do Plan interadministrativo de formación continua da Fegamp para o ano 2012. As bases, características e contido desta convocatoria son os detallados nos anexos desta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2012

Norberto Uzal Tresandí Eduardo Ramonde Rodríguez Pablo Figueroa Dorrego
Director xeral de Secretario xeral da Federación Director da Escola
Administración local Galega de Municipios e Provincias Galega de Administración
Pública

ANEXO I
Bases xerais

Primeira. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nestes cursos presentará cuberta en todas as epígrafes que corresponda, a instancia, segundo o modelo oficial adxunto. E obrigatorio cubrir todos os campos e calquera ficha incompleta será considerada nula.

Serán excluídas todas aquelas inscricións que sexan presentadas fóra de prazo.

No caso dos cursos que teñan lugar dentro do horario laboral é obrigatoria a sinatura do superior xerárquico, alcalde ou presidente así como o selo da entidade local, este último é obrigatorio en todos os casos.

2. A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso e imposibilitará o infractor para participar noutras accións formativas durante a execución do presente plan.

3. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Aqueles cursos que, unha vez rematado o prazo, non cubrisen as prazas ofertadas, manteranse abertos. No momento de completarse pecharase a inscrición e anunciarase na páxina da Fegamp, no curso correspondente. O alumno pode solicitar un máximo de tres e indicará a orde de preferencia, que se poderá ter en conta á hora da concesión de cada acción formativa.

Unha vez feita a selección, 15 días antes do comezo de cada curso, publicarase na web da Fegamp unha listaxe provisional de admitidos co nome e número da acción formativa, ademais enviarase un correo electrónico aos alumnos seleccionados. O solicitante terá que confirmar a súa asistencia ou renuncia, como mais tardar 10 días antes do comezo do curso, mediante correo electrónico: formacion.continua@FEGAMP.org ou chamando ao Departamento de Formación Continua (981 55 59 99). Tamén, no caso de cursos en liña, terá que remitir por correo electrónico o seu consentimento para poder facilitarlle aos formadores os seus datos persoais.

A listaxe definitiva de alumnos admitidos naqueles cursos que se realicen en Santiago de Compostela, tanto en modalidade en liña coma presenciais, publicarase na web da Fegamp oito días antes de comezalo curso, co horario e lugar de realización, se se trata de cursos presenciais. Tamén se lles enviará un correo electrónico aos alumnos admitidos informándoos da data de comezo do curso.

Se unha persoa non renuncia ao curso e non asiste será penalizada, á hora de facer sucesivas seleccións, xa que prexudicaría as persoas que quedan en lista de espera.

A información dos alumnos admitidos nos cursos descentralizados, é dicir, aqueles que teñan lugar en Lugo, Ourense ou Pontevedra dentro do Plan de formación continua da Fegamp, é o propio departamento de formación de cada deputación o que pode proporcionala. Tamén a persoa que estea interesada en saber se está ou non admitida pode chamar ao Departamento de Formación onde se vaia desenvolver o curso que solicitou.

Os teléfonos son os seguintes:

– Departamento Formación Fegamp: 981 55 59 99 (cursos que se realizarán en Santiago).

– Departamento Formación Lugo: 982 26 00 28 (cursos que se realizarán en Lugo)

– Departamento Formación Ourense: 988 38 51 18 (cursos que se realizarán en Ourense).

– Departamento Formación Pontevedra: 986 80 41 10 (cursos que se realizarán en Pontevedra).

4. A documentación dirixirase ao presidente da Fegamp por calquera e só unha das tres vías:

– Fax: 981 56 52 03

– Correo postal: rúa Varsovia, 4C 6ª planta-Área Central. 15707 Santiago de Compostela.

– Presentación directa: Rexistro Xeral da Fegamp. Santiago de Compostela.

Segunda. Acceso ás accións formativas

1. Os cursos están dirixidos ao persoal que realiza as súas funcións no ámbito da Administración local e que cumpra os requisitos específicos esixidos na descrición das accións formativas.

A selección dos alumnos participantes en cada curso rexerase polos seguintes criterios:

– 1.1. Solicitude do curso o ano anterior e quedar excluído del, sempre que cumpra o punto 1.2

– 1.2. Relación directa entre as tarefas que realiza o solicitante coa materia obxecto do curso.

– 1.3. Grupo o nivel do solicitante con relación ao exixido no curso solicitado.

– 1.4. Terase en conta a antigüidade, e como tal enténdese o ano de ingreso na Administración.

– 1.5. Priorizarase a selección dun alumno por concello procurando que estean representados o maior número de concellos. Se quedan prazas vacantes seguiranse os criterios anteriores.

– 1.6. Orde de chegada da ficha de inscrición (sempre que chegue en prazo).

2. Reservarase un 5% do número de prazas para traballadores con discapacidade, en cumprimento co disposto no artigo 11 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade. Incorpórase como criterio de valoración na participación nos cursos de formación de empregados públicos estar afectado por unha discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%. A selección efectuarase por separado da quenda xeral, e incorporaranse a esta todas as vacantes que queden sen solicitantes.

3. No caso dos cursos en liña darase importancia a situacións concretas que poidan conciliar a vida laboral e familiar, de maneira que aquelas persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 14 anos, debidamente acreditado, terán prioridade, sempre que cumpran os outros criterios de selección.

É necesario que na ficha de inscrición figure o correo electrónico que se vai utilizar, para a realización de cursos en liña ou de teleformación, e para poder enviar comunicacións e información aos candidatos.

Terceira. Asistencia e certificación de participación

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións dos cursos presenciais. Toda inasistencia deberá ser debidamente xustificada polo/a interesado/a, sen que poida exceder o 10% das horas lectivas programadas para o curso. Unha inasistencia superior ao 10% aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do certificado.

No caso dos cursos en liña, é tamén obrigatoria a asistencia á sesión presencial daqueles que así o requiran. Se o alumno non se presenta será excluído inmediatamente e non poderá facer o curso.

Os diplomas enviaranse por correo postal ao concello correspondente e irán acompañadas dunha copia que debe ser remitida de volta á Fegamp co nome, DNI e sinatura do titular. De non recibir a copia terase en conta en futuras convocatorias na concesión dos cursos.

Cuarta. Modificacións

A Fegamp poderá modificar o desenvolvemento e os contidos do curso co obxecto de adaptalo ás necesidade da Administración e as continxencias que poidan xurdir.

ANEXO II
Cadro resumo de accións formativas

Denominación accións formativas

Edic

Nº participantes

Nº horas

Lugar realización

Edición

Total

Edición

Total

1

Urbanismo: lexislación, planeamento e edificación

1

20

20

12

12

Pontevedra

2

Xestión de equipos de traballo en entidades de servizos sociais

1

20

20

20

20

Pontevedra

3

Orzamentos locais

1

20

20

12

12

Pontevedra

4

Xurisdición contenciosa

1

20

20

12

12

Pontevedra

5

Responsabilidade patrimonial

1

20

20

12

12

Pontevedra

6

Novas perspectivas do protocolo na Administración

1

20

20

12

12

Pontevedra

7

Contratación administrativa: o novo texto refundido da Lei de contratos do sector público

2

20

40

12

24

Pontevedra

8

Taller de creatividade e innovación

1

15

15

20

20

Lugo

9

Sistema institucional, o ordenamento xurídico e a estrutura institucional da Unión Europea. En liña

1

30

30

30

30

Ourense

10

Nivel básico de prevención de riscos laborais na construción

1

20

20

30

30

Ourense

11

Técnico en servizos sociocomunitarios: desenvolvemento local e emprego. En liña

1

50

50

40

40

Santiago

12

Axente de igualdade de oportunidades. En liña

1

50

50

75

75

Santiago

13

Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal nas administracións públicas. En liña

1

50

50

30

30

Santiago

14

Procedemento administrativo nas administracións publicas. Nivel avanzado. En liña

1

50

50

30

30

Santiago

15

O endebedamento local e a xestión orzamentaria

1

20

20

25

25

Santiago

16

Taller de subvencións no ámbito local

1

20

20

25

25

Santiago

17

Redes sociais e Administración local

1

15

15

20

20

Santiago

18

Actividades de promoción, xestión e difusión de banda deseñada nas bibliotecas públicas. En liña

1

25

25

20

20

Santiago

19

Lexislación do solo, urbanismo e territorio

1

15

15

25

25

Santiago

20

Técnicas de xestión de equipos de traballo en entidades de servizos sociais

1

15

15

20

20

Santiago

21

Formas de prestación, contratación, control e avaliación dos servizos locais

1

20

20

21

21

Santiago

22

Novidades na Lei de contratos do sector público. En liña

1

50

50

30

30

Santiago

23

Fondos europeos e xestión internacional. En liña

1

20

20

80

80

Santiago

24

Incidencia da reforma laboral nas administracións públicas. En liña

1

50

50

30

30

Santiago

25

Mediacion familiar na atención ás persoas dependentes. En liña

1

50

50

30

30

Santiago

Totais...............................................................

26

725

685