Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 18 de xuño de 2012 pola que se fai pública a relación de resolucións relativas aos expedientes de informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador polas universidades do Sistema universitario de Galicia, referidas á convocatoria publicada a través da Resolución do 19 de setembro de 2011 (DOG do 28 de setembro).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas aos expedientes do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador polas universidades do Sistema Universitario de Galicia, relativa á convocatoria publicada a través da Resolución do 19 de setembro de 2011 (DOG do 28 de setembro), e que, intentada a súa notificación no domicilio indicado pola interesada, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, en virtude das competencias que ten atribuídas nos estatutos da ACSUG, aprobados pola Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

A persoa citada no anexo deberá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5º andar do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido da resolución de recurso de reposición e deixar constancia da súa notificación, advertindo que, en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

A citada resolución de recurso pon fin á vía administrativa e poderá ser impugnada directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2012

Miguel Ángel Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación,
Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

María del Pilar Freire Cajiga

46899870H

038-1CO/11/PC