Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27668

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 21 de xuño de 2012 pola que se fai pública unha relación de resolucións relativas aos expedientes da convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 27 de xaneiro de 2012) correspondente ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4 y 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións, que a seguir se citan, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 10 de novembro de 2011 (DOG do 27 de xaneiro de 2012) correspondente ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión, e que intentada a súa notificación no domicilio indicado polo interesado, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, en virtude das competencias atribuídas no artigo 22 dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia aprobados por Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da notificación destas, advertindo que, en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que lle correspondan.

As citadas resolucións poñen fin á vía administrativa e poderase interpoñer contra elas, por parte dos/as interesados/as, recurso de reposición ante o presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas ou do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2012

Miguel A. Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación,
Certificación e Acreditación

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Mª Teresa Núñez Mayán

32409082N

31/1-11-D

Elena Alonso Prieto

09392264F

246/1-11-D

Irene Alejo Flores

51896303T

227/1-11-D

Esther González Pillado

36070758L

249/1-11-D

Gustavo Rego Vega

33854454H

33/1-11-D

María José Alonso Fernández

09724164V

193/1-11-D