Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2012 Páx. 27688

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Axencia Estatal de Administración Tributaria

ANUNCIO de poxa (S2012R5476001010).

O xefe da Dependencia de Recadación da Delegación da AEAT de Vigo fai saber que, de conformidade co disposto no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, se ditaron acordos coa data do 2.5.2012 en que se decreta o alleamento mediante poxa dos bens que se detallan na relación de bens que se van poxar que se inclúe neste anuncio como anexo. A poxa terá lugar o día 26.7.2012, ás 10.30 horas na Sala de Poxas da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Vigo, na rúa Lalín, 2.

En cumprimento do citado artigo, publícase este anuncio e infórmanse as persoas que desexen participar na poxa do seguinte:

Primeiro. Os bens que se poxan están afectos polas cargas e gravames que figuran na súa descrición e que constan no expediente, e quedan subsistentes sen que se poida aplicar á súa extinción o prezo do remate.

Segundo. A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación dos bens, se se realiza o pagamento do importe da débeda non ingresada, dos xuros xerados ou que se xeren ata a data do ingreso no Tesouro, as recargas do período executivo e as custas do procedemento de constrinximento.

Terceiro. Os licitadores poderán enviar ou presentar as súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio da poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores ás do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán presentadas no Rexistro Xeral da oficina onde teña lugar a poxa, facendo constar no exterior do sobre os datos identificativos desta. No sobre incluiranse, ademais da oferta e do depósito constituído conforme o punto cuarto, os datos correspondentes ao nome e os apelidos ou razón social ou denominación completa, número de identificación fiscal e domicilio do licitador.

Os licitadores poderán participar na poxa pola vía telemática mediante a presentación de ofertas e/ou poxas automáticas, a través da páxina web da Axencia Tributaria www.agenciatributaria.es, de acordo co establecido na Resolución 5/2002, do 17 de maio (BOE do 24 de maio), da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se regulamenta a participación pola vía telemática nos procedementos de alleamento de bens desenvoltos polos órganos de recadación.

Cuarto. Todo licitador terá que constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20 por cento do tipo de poxa en primeira licitación, agás no caso daqueles lotes en que se tivese acordado unha porcentaxe menor, que en ningún caso será inferior ao 10 por cento. O importe do depósito para cada un dos lotes está determinado na relación de bens que se van poxar incluída neste anuncio.

O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou pola vía telemática a través dunha entidade colaboradora adherida a este sistema que asignará un número de referencia completo (NRC) que permita a súa identificación, de acordo co establecido na Resolución 5/2002, do 17 de maio (BOE 24 de maio), do director xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, este depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine esta falta de pagamento.

Quinto. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o considera procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da 1ª licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 107 do Regulamento xeral de recadación.

Sexto. O adxudicatario deberá ingresar na data da adxudicación, ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

O ingreso poderá realizarse en bancos, caixas de aforros e cooperativas de crédito en que non é preciso ter conta aberta. Tamén pode realizar o pagamento mediante cargo na súa conta corrente, a través da internet no enderezo www.agenciatributaria.es, na opción «Oficina virtual. Pagamento de impostos».

Así mesmo, se o solicita á mesa de poxa no acto de adxudicación, o adxudicatario poderá realizar o ingreso do importe total do prezo da adxudicación, neste caso, unha vez comprobado o ingreso, a Axencia Tributaria levantará a retención realizada sobre o depósito constituído polo adxudicatario.

Sétimo. Cando na licitación non se cubrise a débeda e quedasen bens sen adxudicar, a mesa anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa.

As ofertas poderanse presentar no prazo en que para tales efectos comunique a mesa de poxa. Deberanse presentar en sobre pechado no Rexistro Xeral da oficina onde se tivese realizado a poxa e deberán ir acompañadas, se é o caso, do depósito.

Así mesmo, poderanse presentar ofertas a través da páxina web da Axencia Tributaria www.agenciatributaria.es, de acordo co establecido na Resolución 5/2002, do 17 de maio (BOE 24 de maio), da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se regulamenta a participación pola vía telemática nos procedementos de alleamento de bens desenvoltos polos órganos de recadación.

Transcorrido o prazo sinalado pola mesa de poxas, estas abrirán as ofertas presentadas e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión do prazo para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en 1ª licitación cando non se considerase procedente realizar unha 2ª licitación; se existise 2ª licitación, non haberá prezo mínimo.

Oitavo. No caso de inmobles, o adxudicatario poderá solicitar expresamente no acto da adxudicación o outorgamento da escritura pública de venda de inmoble.

Noveno. Cando se trate de bens inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade distintos aos que se achegan no expediente; os ditos títulos estarán á disposición dos interesados nas oficinas desta dependencia de recadación, onde poderán ser examinados todos os días hábiles a partir da publicación deste anuncio, ata o día anterior ao da poxa. No caso de non estaren inscritos os bens no Rexistro, o documento público de venda é un título mediante o cal pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria; nos demais casos en que sexa preciso, poderá procederse como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o Rexistro e a realidade xurídica.

Décimo. O tipo de poxa non inclúe os impostos indirectos que gravan a transmisión dos ditos bens. Todos os gastos e impostos derivados da transmisión, incluídos os derivados da inscrición no Rexistro correspondente do mandado de cancelación de cargas posteriores, serán por conta do adxudicatario.

O adxudicatario exonera expresamente a AEAT, ao abeiro do artigo 9 da Lei 49/1960, do 21 de xuño, de propiedade horizontal, modificado pola Lei 8/1999, do 6 de abril, da obriga de achegar certificación sobre o estado das débedas da comunidade. Estarán ao cargo deste os gastos que queden pendentes do pagamento.

Décimo primeiro. O procedemento de constrinximento só se suspenderá nos termos e nas condicións sinalados no artigo 165 da Lei xeral tributaria (Lei 58/2003, do 17 de decembro).

Décimo segundo. Tamén serán de aplicación as condicións que figuran no anexo II. Para todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ao preceptuado nas disposicións legais que regulamenten o acto.

Vigo, 2 de maio de 2012

Carlos Sieres Atienza
Xefe da Dependencia de Recadación da Delegación da Axencia Estatal
de Administración Tributaria de Vigo

ANEXO I

Relación de bens que se poxan

Poxa nº S2012R5476001010

Lote 1.

Nº de dilixencia: 541123300474Z.

Data da dilixencia: 31.1.2011.

Tipo de poxa en 1ª licitación: 168.317,47 euros.

Tramos: 2.000 euros.

Depósito: 33.663,49 euros.

Ben nº 1.

Tipo de ben: vivenda.

Tipo de dereito: pleno dominio.

Localización: rúa Viña da Fonte/Cesteiros, 36969 Sanxenxo.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Cambados.

Tomo: 1060.

Libro: 288.

Folio: 110.

Predio: 27730.

Inscrición: 1.

Descrición: urbana. Número 66. Integrante dun edificio situado na rúa Viña da Fonte e rúa dos Cesteiros, parroquia de Padriñán, concello de Sanxenxo, con dous portais, o portal 1 que abre á rúa Viña da Fonte e o portal 2 que abre á rúa dos Cesteiros. Local destinado a vivenda, situado na planta de ático do edificio denominado Ático D. Ten unha superficie útil de 74,55 m2, distribuídos en varias dependencias. Linda: á fronte-leste por onde ten o seu acceso, corredor distribuidor vivendas C e E; dereita, entrada-oeste, vivenda letra C da súa mesma planta esquerda-leste, vivenda letra E da súa mesma planta e fondo-sur arias rúa dos Cesteiros.

Valoración: 145.326,44 euros.

Cargas: non constan cargas.

Ben nº 2.

Tipo de ben: garaxe.

Tipo de dereito: pleno dominio.

Localización: rúa Viña da Fonte/Cesteiros, s/n, 36969 Sanxenxo.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Cambados.

Tomo: 1060.

Libro: 288.

Folio: 17.

Predio: 27661.

Inscrición: 1.

Descrición: urbana. Número sete. Integrante dun edificio situado na rúa Viña da Fonte e rúa dos Cesteiros, parroquia de Padriñán, concello de Sanxenxo, con dous portais, o do portal 1, que abre á rúa Viña da Fonte e o portal 2 que abre á rúa dos Cesteiros. Plaza de garaxe número sete, situado no soto primeiro menos profundo, de superficie 11,11 m2. Linda: á fronte zona de manobra, por onde ten o seu acceso, dereita entrando zona de paso común, esquerda plaza número oito e fondo, muro de contención.

Valoración: 18.494,40 euros.

Cargas: non constan cargas.

Ben nº 3.

Tipo de ben: rocho.

Tipo de dereito: pleno dominio.

Localización: rúa Viña da Fonte/Cesteiros, 36969 Sanxenxo.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Cambados.

Tomo: 1060.

Libro: 288.

Folio: 29.

Predio: 27673.

Inscrición: 1.

Descrición: urbana. Número dezanove. Integrante dun edificio sitado na rúa Viña da Fonte e rúa dos Cesteiros, parroquia de Padriñán, concello de Sanxenxo, con dous portais, o portal 1 que abre á rúa Viña da Fonte e o portal 2 que abre á rúa dos Cesteiros. Rocho número sete, situado no soto segundo ou menos profundo, de superficie de 13,18 m2. Linda: fronte, corredor distribuidor, por onde ten o seu acceso e rocho número oito; dereita entrando, rocho número seis; esquerda, muro contención e fondo muro contención.

Valoración: 4.496,63 euros.

Lote 2.

Nº de dilixencia: 541123300474Z.

Data da dilixencia: 31.1.2011.

Tipo de poxa en 1ª licitación: 211.331,37 euros.

Tramos: 2.000,00 euros.

Depósito: 42.266,27 euros.

Ben nº 1.

Tipo de ben: vivenda.

Tipo de dereito: pleno dominio.

Localización: rúa Viña da Fonte/Cesteiros, 36969 Sanxenxo.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Cambados

Tomo: 1060.

Libro: 288.

Folio: 108.

Predio: 27729.

Inscrición: 1.

Descrición: urbana. Número setenta e cinco. integrante dun edificio situado na rúa Viña da Fonte e rúa dos Cesteiros, parroquia de Padriñán, concello de Sanxenxo, con dous portais, o do portal 1 que abre á rúa Viña da Fonte e o portal 2 á rúa dos Cesteiros. Local destinado a vivenda situado no ático do edificio denominado Ático 11. Ten unha superficie útil de 91,75 m2, distribuídos en varias dependencias. Linda á fronte, por onde ten o seu acceso relanzo e caixa das escaleiras e vivendas letras d e e da súa mesma planta, dereita entrando Carmen Fernández Hermida e Antonio Barros, esquerda Aires rúa da Viña Fonte; fondo vivenda letra B da súa mesma planta.

Valoración: 145.326,44 euros.

Cargas: non constan cargas.

Ben nº 2.

Tipo de ben: garaxe.

Tipo de dereito: pleno dominio.

Localización: rúa Viña da Fonte/Cesteiros, 36969 Sanxenxo.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Cambados.

Tomo: 1060.

Libro: 288.

Folio: 42.

Predio: 27686.

Inscrición: 1.

Descrición: urbana. Número trinta e dous. Integrante dun edificio situado na rúa Viña da Fonte e rúa dos Cesteiros, parroquia de Padriñán, concello de Sanxenxo, con dous portais; o de portal 1 que abre á rúa Viña da Fonte e o portal 2 que abre á rúa dos Cesteiros. Plaza de garaxe número 24, situado no soto segundo ou máis profundo, de superfice 11,23 m2. Linda: fronte, zona de manobra por onde ten o seu acceso, dereita entrando, praza número 23, esquerda praza número 25, e fondo, muro de contención.

Valoración: 18.691,90 euros.

Cargas: non constan cargas.

Ben nº 3.

Tipo de ben: rocho.

Tipo de dereito: pleno dominio.

Localización: rúa Viña da Fonte/Cesteiros, 36969 Sanxenxo.

Inscrición: Rexistro da Propiedade de Cambados.

Tomo: 1060.

Libro: 288.

Folio: 57.

Predio: 27701.

Inscrición: 1.

Descrición: urbana. Número corenta e sete. Integrante dun edificio situado na rúa Viña da Fonte e rúa dos Cesteiros, parroquia de Padriñán, concello de Sanxenxo, con dous portais, o portal 1 que abre na rúa Viña da Fonte, e o portal 2 que abre á rúa dos Cesteiros. Rocho número 28, situado no soto segundo ou máis profundo, de superficie de 9,90 m2. Linda: á fronte, corredor distribuidor, por onde ten o seu acceso e rocho 29; dereita entrando, rocho 27, esquerda muro contención e fondo muro contención.

Valoración: 13.777,43 euros.

Cargas: non constan cargas.

ANEXO II
Outras condicións

Poxa nº S2012R5476001010.

Non existen outras circunstancias, cláusulas ou condicións que deban aplicarse nesta poxa.